Estratexias para a transmisión interxeracional do galego no contexto familiar Strategies of intergenerational transmission of Galician in home domain

Anik Nandi

Research output: Contribution to journalArticle

Abstract

A miña intervención, céntrase na glotopolítica de Galicia, máis en concreto, na avaliación da política lingüística e o seu impacto na sociedade galega. En concreto, un dos seus principais obxectivos é investigar as estratexias para a transmisión interxeracional do galego no contexto familiar. Por medio dun enfoque etnográfico, isto analizarase a relación dos pais galegos que, a través das súas crenzas e prácticas lingüísticas individuais, desempeñan un papel predominante na revitalización e mantemento do galego fóra da escola, concretamente dentro da familia. Así, os eixos da miña investigación son:
■ Cal é o papel dos axentes individuais (nais e pais) na interpretación e implementación da política lingüística do goberno no ámbito familiar dos contextos urbanos e semi-urbanos de Galicia?
■ Cales son as estratexias postas en xogo dentro das familias e cales son os resultados desas estratexias?
■ Cales son os factores principais que inflúen no éxito ou fracaso desas estratexias?
■ Trátase dunha cuestión das decisións das nais e pais ou existen factores sociais e estruturais que determinan os resultados da política lingüística familiar?
Para este estudo entrevistei as nais e os pais que pasaron polo sistema educativo de Galicia a partir do 1975 e viviron as primeiras políticas lingüísticas da autonomía. Usando datos etnográficos, desenvolvo a miña análise sobre:
(a) notas de campo e observacións
(b) dous grupos de discusión en Vigo e Santiago de Compostela
(c) auditoría de uso lingüístico dentro da familia con catro familias
Original languageOther
Pages (from-to)123-131
Number of pages9
JournalGrial. Revista Galega de Cultura
Volume54
Issue number211
Publication statusPublished - 01 Jul 2016

Bibliographical note

‘Estratexias para a transmisión interxeracional do galego no contexto familiar’ (in Galician language),

Keywords

  • Sociolinguistics
  • Language policy
  • Galician language
  • Bilingualism
  • Spain
  • Family language policy

Cite this